


|

|
Fases
| As fases necesarias para o desenvolvemento e implantación da Axenda 21 do Salnés, representanse a continuación de maneira esquemática |
| |
| FASE I –AUDITORÍA.
Descrición da situación económica,
social e ambiental da Mancomunidade. Esta fase
conta coa participación cidadá,
na que se utilizan diversas metodoloxías
sociolóxicas para valora-la percepción
que os cidadáns, tanto a título
individual, como asociados en colectivos representativos,
teñen da situación do seu Concello. |
P A R T I C I P A C I Ó N
C I D A D Á
|
| FASE II.-PRESENTACIÓN
DE ALTERNATIVAS. Definida a situación
de partida trátase de presentar as diferentes
alternativas que conducirían o desenvolvemento
da Mancomunidade polo camiño da sostenibilidade.
Novamente a participación cidadá
é a clave tanto para definir as alternativas
máis idóneas como para sinalar as
prioridades de actuación. Trátase
de acadar o maior consenso posible para defini-los
Plans de Acción. |
FASE
III.- PLAN DE SEGUIMENTO. Conxunto de mecanismos
que permiten seguir a evolución dos aspectos
analizados e avalar o grado de cumprimento do
plan de acción. Nesta fase defínense
indicadores de carácter global e sectorial
(Cadro de Indicadores), co obxecto de cubrir a
evolución de cada Concello e da Mancomunidade
en canto a criterios de sostenibilidade.
Créase un órgano consultivo encargado
do seguimento do Plan de Acción e mantenemento
ou actualización do cadro de indicadores
(Consello da Axenda 21 do Salnés) . |
|
| |
| As tres fases son secuenciais na implantación da Axenda 21 do Salnés, e paralelamente as tres desenvolven as actividades de Participación Cidadá nas que se especifica a forma en que se articula a participación dos cidadáns e do Consello da Axenda 21 do Salnés, como órgano de debate, consulta e participación cidadá, no proceso de implantación e desenvolvemento da Axenda 21 (entrevistas, reunións, Consellos Sectoriais, páxina web). |
|
|