¿Que é a AXENDA 21?
É o nome que se lle ha dado a un
"Programa global para o desenvolvemento sostible no
século XXI" surxido da "Conferencia das Nacións Unidas
sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento sostible" celebrada
en Río de Janeiro en 1992.
A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas
Entidades Locais que basease na integración das políticas
ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración
e aplicación dun Plan Estructural ou Plan de Acción Local.
 |
Carta de Aalborg
No ano 1994 iniciase en Europa
a Campaña Europea de Cidades e Pobos Sostibles,
plasmada na Carta de Aalborg, principal marco europeo de
cooperación para o desenvolvemento urbano sostible.
Mediante a firma da Carta de Aalborg, as autoridades locais realizan unha declaración de intencións e de compromiso coa Axenda 21 local ou outros procesos de bosquexo para o desenvolvemento sostible, e se adhiren a Campaña Europea de Cidades e Pobos Sostibles, coordinada conxuntamente polo Consello de Concellos e Rexións Europeas, Eurocities, a Rede de Cidades Saudables, o Consello Internacional para as iniciativas medioambientais locais e a Organización das Cidades Unidas, en cooperación coa Comisión Europea e o seu Grupo de Expertos sobre Medio Ambiente Urbano.
|