Información Xeral
     Obxectivos
     Fases
     Auditoría
     Plan de participación
     Plan de acción
     Plan de seguimento
     Informes
     Participa e Involucrate


Plan de Acción


Plan de Acción da Axenda 21 da Mancomunidad é o documento base, no que se presentan as accións prioritarias para acadar un desenvolvemento sostible da Comarca. As propostas de actuación contidas na Presentación de Alternativas establecéronse a partires das conclusións da Auditoría Socioambiental da Mancomunidade de O Salnés. Para formular estas propostas, durante a Auditoría definíronse grandes áreas temáticas co fin de agrupar actuacións de mellora ambiental, social e económica que posúan un obxectivo común, de maneira que se facilite a súa execución tendo en contas as súas relacións. Desta forma, establecéronse doce liñas estratéxicas que agrupan tódalas áreas consideradas. Para o plantexamento das actuacións a través de liñas de actuación, seguiuse o seguinte esquema conceptual:

Esquema 1: Estructura do Plan de Acción da Axenda 21 da Mancomunidade de O Salnés.

Á vista das actuacións propostas, foi necesario priorizalas, tendo en conta para elo tanto criterios medioambientales como económicos e sociais. Para avalia-la demanda social, durante a implantación da 2ª fase da Axenda 21 da Mancomunidade de O Salnés, realizouse unha enquisa cidadá, na que se lles propuxeron a 872 veciños da Comarca, cada unha das alternativas de actuación, para que deste modo avaliasen a necesidade da súa execución. O traballo de campo foi realizado entre o 9 de abril e o 8 de maio de 2003, a través de entrevistas persoais en vivendas particulares e lugares de traballo.

 

A Mancomunidad, no seu afán de acadar un desenvolvemento sostible, encauzou os seus esforzos cara á realización de diferentes proxectos, que teñen como finalidade a mellora para a calidade de vida dos cidadáns da Comarca. A raíz da proposta de alternativas realizada durante a fase de implantación da Axenda 21 Local da Mancomunidade do Salnés, desenvolvéronse diferentes proxectos encadrados nas líneas e programas previstos en dito documento.

 

Proxectos executados 2003