Información Xeral
     Obxectivos
     Fases
     Auditoría
     Plan de participación
     Plan de acción
     Plan de seguimento
     Informes
     Participa e Involucrate


Plan de Participación

A participación cidadá é un elemento fundamental para o desenvolvemento da Auditoría e, en xeral, para a implantación da Axenda 21. A participación dos diferentes sectores implicados proporciona dous elementos fundamentais:
  - A información e perspectivas necesarias para garantir ó máximo potenciais actuacións no marco da Axenda 21.
  - A concienciación progresiva dos diferentes axentes socioeconómicos, estructurais y medioambientais, na medida en que se configuran como partícipes do obxectivo común.
Para isto, leváranse a cabo sucesivas e planificadas tomas de opinión e debate con cada un dos representantes dos sectores dos municipios e o seu entorno inmediato, definindo explicitamente os intereses particulares das partes implicadas.
Os destinatarios deste Plan de Participación foron fundamentalmente os cidadáns e os colectivos e personalidades máis directamente implicados no desenvolvemento socioeconómico, estructural e ambiental cada Municipio:
  - Alcaldes de cada Municipio.
  - Empresarios emprazados na área obxecto de estudio.
  - Responsables e técnicos municipais implicados no proceso; funcionarios das diferentes áreas organizativas (emprego, servicios sociais, muller, parques e xardíns, entre outros).
  - Asociacións e ONG’S, Colectivos Veciñais, Confrarías, Cooperativas, especialmente aquelas cun campo de actuación que se configure en torno ó medio ambiente ou as estratexias de desenvolvemento local.
  - Representantes de organismos e entidades (Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Sanidade, Augas de Galicia, Universidade de Vigo).
O obxectivo xeral deste Plan de Participación é determinar cales son os problemas que a comunidade considera como propios. Así mesmo, servirá para identificar aqueles problemas que poidan xurdir no futuro.
Para isto, establécense os seguintes niveis de investigación ó respecto:
  - Entrevistas abertas con expertos e personalidades destacadas da Mancomunidade.
  - Información obtida en reunións dos Consellos Sectoriais, constituídos para cada un dos aspectos ou áreas temáticas a tratar.
  - Enquisa de percepción cidadá
Ambas técnicas, entrevistas e reunións de grupo, permiten obter información sobre:
  - A situación actual socio-medioambiental dos Municipios da Mancomunidade do Salnés.
  - A información dispoñible sobre a área de especialización do entrevistado.
  - As persoas ou colectivos máis sensibilizados respecto ás cuestións obxecto de estudio, e que posteriormente poidan exercer un papel de liderazgo nos programas de actuación da Axenda 21 Local.
  - As actitudes de dispoñibilidade para a posible participación no proceso de implantación da Axenda 21 Local.
Adicionalmente, realizouse o deseño de dípticos e trípticos informativos (ver documentos) da Axenda 21 do Salnés.
Como estratexia para a participación recoméndase que se estableza un grupo de persoas ou institucións responsables para acadar un consenso entre tódolos sectores e partes da comunidade.
Para elo, unha vez finalizado o proceso de auditoría constituirase o denominado Consello da Agenda 21 da Mancomunidade do Salnés, como órgano de participación que deberá erixirse en canal fundamental de participación dos cidadáns no proceso de implantación da Axenda 21 Local, así como no conxunto de políticas e decisións con transcendencia socioambiental.

Durante a implantación da 2ª fase da Axenda 21 da Mancomunidad de O Salnés, realizouse unha enquisa cidadá, na que se lles propuxo a 872 veciños da Comarca, cada unha das alternativas de actuación, para que deste modo avaliasen a necesidad da súa execución. O traballo de campo foi realizado entre o 9 de abril e o 8 de maio de 2003, a través de entrevistas persoais en vivendas particulares e lugares de traballo. A selección dos entrevistados realizouse mediante o procedemento de itinerarios aleatorios, co obxectivo de garantir que tódolos suxeitos da poboación tivesen unha mesma probabilidade de figurar na mostra.

As preguntas do cuestionario agrupáronse en bloques de áreas de mellora ambientais, económicas e sociais, ademáis do bloque de preguntas relacionadas co perfil do entrevistado.

Para cada bloque de áreas, solicitouse ó entrevistado que seleccionase dúas das áreas definidas. Dentro de cada área pídeselle que escolla dous proxectos e sinale para cada un deles unha acción específica que considera urxente desenvolver.

 

ÁREAS DE MELLORA AMBIENTAIS

  • Priorizar dúas áreas.

  • Priorizar dous proxectos por área (4 proxectos).

  •  Sinalar unha acción para cada proxecto (4 accións).

ÁREAS DE MELLORA ECONÓMICAS

  • Priorizar dúas áreas.

  • Priorizar dous proxectos por área (4 proxectos).

  • Sinalar unha acción para cada proxecto (4 accións).

ÁREAS DE MELLORA SOCIAIS

  • Priorizar dúas áreas.

  • Priorizar dous proxectos por área (4 proxectos).

  • Sinalar unha acción para cada proxecto (4 accións).

O resultado das entrevistas aportou as preferencias dos entrevistados entre:

  •      6 áreas, agrupadas en 3 bloques.

  •      12 proxectos, agrupados por áreas.

  •      12 accións concretas, relacionadas cos proxectos seleccionados.

PARTICIPA E INVOLUCRATE !!!
Aporta as túas suxerencias de cara as accións que crees convinte adoptar, ou o teu comentario sobre as accións propostas, envíanos un e-mail a info.a21salnes@cetadec.net



2002 Todos os dereitos reservados.   Salnés.info